Pasar al contenido principal

Fendas de seguridade

Que é unha fenda de seguridade, que facer cando se detecta e que comportamentos se deben observar e fomentar para evitalas

Unha fenda de seguridade prodúcese cando se perden, alteran ou quedan expostos os datos cos que traballamos ou cando sufrimos un incidente que leva asociado un risco de intrusión no equipamento informático onde eses datos se almacenan.

Sempre que teñamos constancia ou sospeita de que se produciu unha fenda de seguridade, debemos poñelo en coñecemento do CAU da universidade para que nos indiquen como proceder e para que tomen as medidas pertinentes encamiñadas a mitigala.

Moitas veces unha situación perigosa para a seguridade non chega a ser considerada como unha fenda, pero debemos comunicala igualmente para que poida ser valorada.

Nas imaxes seguintes pódense atopar exemplos de situacións consideradas como fendas de seguridade ou que representan ameazas graves para a seguridade dos datos. Ademais, inclúense comportamentos axeitados que debemos observar e fomentar para minimizar os riscos.

Contacto co CAU da USC

Formulario para comunicar incidencias: https://www.usc.gal/gl/servizos/atic/cau/notificar.jsp

Correo electrónico: cau [at] usc.gal (cau[at]usc[dot]gal)

Teléfono: 881 811000 - Ext. 55555

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.07.2022.