Pasar al contenido principal

Aberto o prazo para solicitar as bolsas SPIU

Aberto o prazo para solicitar as bolsas SPIU
Aberto o prazo para solicitar as bolsas SPIU

A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC convoca 14 bolsas de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria (SPIU) para este curso. O obxecto desta iniciativa é o desenvolvemento de actividades nos centros docentes e nos campus universitarios e a potenciación do Plan de Desenvolvemento Sostible (PDS) da USC.

Nesta décimo cuarta edición ofértanse 10 bolsas de colaboración e 4 de especialización. As primeiras diríxense a alumnado de grao e máster, que realizarán actividades segundo as necesidades, peculiaridades e demandas dos diferentes centros docentes e en colaboración coas coordinadoras e coordinadores do PDS.

As bolsas de especialización desenvolveranse na propia Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC para que alumnado de máster e doutoramento poida crearse un perfil profesional vinculado ao medio ambiente e a sustentabilidade.

O prazo de solicitudes rematará o 31 de xaneiro. Quen desexe solicitar esta bolsa deberá presentar a instancia e a documentación necesaria nos rexistros da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.01.2018.