Pasar al contenido principal

Aberto ata o 2 de novembro o prazo para participar no VII Concurso de lemas contra a violencia de xénero

VII Concurso de lemas de xénero. Foto: Santi Alvite
VII Concurso de lemas de xénero. Foto: Santi Alvite
O obxecto do certame é a creación de textos en galego, orixinais e inéditos, cunha extensión máxima de 140 caracteres
Lugo, Santiago de Compostela

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a USC, a través da súa Oficina de Igualdade de Xénero, convoca o VII Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero. O obxecto do concurso é a creación de lemas para a campaña de sensibilización,  en  galego,  orixinais  e  inéditos,  cunha  extensión  máxima  de  140 caracteres. O prazo para tomar parte neste certame dirixido a alumnado matriculado na USC no curso 2021-22 permanece aberto ata o 2 de novembro.

Os lemas presentaranse na sede electrónica da USC mediante un formulario en liña. Seleccionarase ata un máximo de seis lemas gañadores. O premio por texto gañador consistirá en 100 euros e diploma acreditativo. Concederanse tres premios  por  cada campus da USC. As persoas que formen parte do xurado terán experiencia en temas relacionados coa violencia contra as mulleres e a igualdade de xénero e se o considera conveniente poderán deixar algún ou todos os premios desertos. Estes galardóns están financiados con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.10.2021.