Pasar al contenido principal

Os Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño están dedicados na súa décimo sexta edición a ‘Pensar o mundo despois da pandemia’

Exterior da Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite
Exterior da Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite
Celebraranse entre os días 18 e 20 en modalidade semipresencial na Facultade de Filosofía organizados pola Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA) e a Sociedade Galega de Estudos Nipóns

Os Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago estarán dedicados na súa décimo sexta edición a ‘Pensar o mundo despois da Pandemia’ e están concibidos ademais como unha homenaxe a Emilia Pardo Bazán. O seu programa celebrarase entre os días 18 e 20 en modalidade semipresencial na Facultade de Filosofía organizado pola Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA) e a Sociedade Galega de Estudos Nipóns.

Todas intervencións programadas están agrupadas arredor dunha serie de paneis temáticos dedicados a cuestións como ‘Coidar o ser’, a ‘Visión oriental’, ‘É posible outro mundo?’ ou ‘Pensar o mundo en feminino: Emilia Pardo Bazán cen anos despois’. As conferencias e relatorios correrán da man de especialistas procedentes de universidades españolas, francesas, portuguesas ou xaponesas, entre outras, que explorarán os efectos da pandemia na identidade, na dimensión afectiva e a alteridade; o tratamento do coidado na era dixital; a conciencia relixiosa; a perspectiva do corpo seguro; ou a concepción da nova normalidade e a homo postpandemia. Ademais da programación científica está prevista tamén a inauguración da exposición de pintura ‘Crónica da pandemia’ do pintor Anto Chozas, así como o acto de entrega da terceira edición do premio Sapientia.

A programación de actividades do Encontro completarano a presentación de catro libros Historia de la Hermenéutica. Devenir y actualidad de la filosofía de la interpretación, La luz entre las tinieblas: Agustín de Hipona y Tomás de Aquino, Caminos del pensamiento japonés e Filosofía e utopía. Tamén está prevista unha homenaxe póstuma a Megumi Shiozawa. A formalización de inscricións pode formalizarse ata 15 de novembro. As persoas interesadas poden dirixirse a rocio.carolo.tosar [at] usc.es (rocio[dot]carolo[dot]tosar[at]usc[dot]es) ou contactar a través dos teléfonos 881 812 519.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.11.2021.