Pasar al contenido principal

Impulsando o aproveitamento sustentable do futuro nas comunidades locais

Laboratorio Ecosocial do Barbanza
Foto de familia dos asistentes
A USC toma parte no Laboratorio Ecosocial do Barbanza, proxecto pioneiro orientado á investigación e praxe en ecoagroinnovación e que acaba de renovar a súa colaboración coa Fundación Banco Santander
Santiago de Compostela

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza no que toma parte a USC é un proxecto que mira ao pasado e presente das comunidades locais para impulsar os aproveitamentos sustentables do futuro. Este proxecto pioneiro no Estado, xa que non existe ningún Laboratorio que combine ciencia e sociedade e que estea orientado á investigación e praxe en ecoagroinnovación, acaba de renovar por dous anos máis a súa colaboración coa Fundación Banco Santander.

O anuncio produciuse nunha presentación que tivo lugar no salón de plenos do Concello de Rianxo e que contou coa presenza do reitor Antonio López, o catedrático da USC e coordinador de Histagra, Lourezo Fernández Prieto; Rodrigo Echenique, presidente da Fundación Banco Santander, entidade cofinanciadora do proxecto; Borja Baselga, director da Fundación Banco Santander; e David Chipperfield, presidente da Fundación RIA, entidade coordinadora do proxecto. 

Asemade, realizouse unha visita ás brañas de Laíño e a Campo de Maneiro no monte O Fieitoso de Taragoña para coñecer os progresos dos “proxectos semente” da man dos seus promotores. Os proxectos semente son tres iniciativas sostibles que foron seleccionadas na convocatoria aberta organizada polo Laboratorio en xullo de 2021 e ás que se lles brindou unha achega económica de 5.000 euros, ademais de apoio técnico. Pola tarde, os representantes das entidades visitaron o monte veciñal en man común de Baroña guiados polo seu presidente, Ovidio Queiruga.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.11.2021.