Charla en Filosofía sobre a crise humanitaria dos rohingyas
Cruz García, galega que traballa na unidade de emerxencias de Médicos sin Fronteras e que acaba de regresar de Bangladesh, ofrece este xoves 19 de abril unha charla sobre a crise humanitaria dos rohingyas, que coñece de primeira man.
O relatorio, organizado co apoio do Servicio de Participación e integración da USC e o Ateneo de Santiago, terá lugar ás 20.00 horas no Salón de actos da Facultade de Filosofía.