Un concerto de música de cámara brasileira e portuguesa conmemorará o aniversario da Revolución dos Caraveis
O núcleo de docentes de Portugués da Facultade de Filoloxía da USC e o Camões, Centro Cultural Portugués en Vigo, organizan un concerto de música de cámara brasileira e portuguesa xunto coa Orquestra Clásica de Vigo para conmemorar os 44 anos da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974 e os 20 anos da presenza do Lector do Brasil na Facultade de Filoloxía.
A actuación terá lugar ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia. A entrada é libre e de balde.