Pasar al contenido principal

Mantense a presencialidade para o período de exames e probas

Nun correo electrónico dirixido ao conxunto da comunidade universitaria, o reitor Antonio López subliñou que a institución garantirá “como ata o momento, o cumprimento dos protocolos e normas que afectan á seguridade sanitaria nos espazos universitarios”. FOTO: Santi Alvite
Nun correo electrónico dirixido ao conxunto da comunidade universitaria, o reitor Antonio López subliñou que a institución garantirá “como ata o momento, o cumprimento dos protocolos e normas que afectan á seguridade sanitaria nos espazos universitarios”. FOTO: Santi Alvite
Ante calquera circunstancia acreditada relacionada coa COVID-19 que impida a asistencia a un exame ou proba oficial, é preciso poñerse en contacto coa Oficina COVID da USC no 881 811 111 ou no correo electrónico info.coronavirus@usc.gal
Lugo, Santiago de Compostela

Á vista das últimas decisións adoptadas polas autoridades sanitarias nas que non se prevén cambios sobre os criterios de presencialidade en ningún nivel educativo, a USC manterá a presencialidade para o período de exames e probas que comezou este luns día 10 de xaneiro. Nun correo electrónico dirixido ao conxunto da comunidade universitaria, o reitor Antonio López subliñou que a institución garantirá “como ata o momento, o cumprimento dos protocolos e normas que afectan á seguridade sanitaria nos espazos universitarios”. Neste senso, resulta de especial interese, para a súa revisión, o Protocolo para a xestión de casos COVID que está tamén publicado na recompilación normativa específica.

Ante calquera circunstancia acreditada relacionada coa COVID-19 que lle impida a un/unha estudante asistir a un exame ou proba oficial, e sen prexuízo da comunicación que o/a estudante estableza co/a docente da materia, debe poñerse en contacto coa Oficina COVID da USC co obxectivo de que poida, mediante cambio de data ou mediante adaptación da modalidade/formato da proba, ser avaliada/o. Pode contactarse coa Oficina COVID a través do teléfono 881 811 111 ou mediante o correo electrónico dirixido a info.coronavirus [at] usc.gal (info[dot]coronavirus[at]usc[dot]gal)

O persoal da Oficina poñerase en contacto co/a Delegado/a COVID do centro e co/a docente responsable da materia para comunicar cada caso acreditado e que esta/e poida garantir, seguindo as directrices recollidas na Instrución 1/2022 da Secretaría Xeral sobre aprazamento ou cambio nas probas por incidencia da COVID-19, o dereito do estudante a ser avaliado. Ademais, na páxina web da Universidade, recóllese toda a información sobre a actualización dos protocolos de actuación ante a incidencia da COVID-19 na actividade académica, investigadora e de xestión.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.01.2022.