Pasar al contenido principal

Improvisación e exploración sonora centran os días 4 e 5 de maio os 10Sonscreativos, que inclúen un seminario de creación

Cartaz de 10Sonscreativos
Cartaz de 10Sonscreativos
A USC mantén aberto ata o 2 de maio o prazo de inscrición nos obradoiros impartidos por Xacobe Martínez Antelo e Mónica Álvarez no centro municipal Uxío Novoneyra

A décima edición do programa ‘Sons Creativos’, unha plataforma para a difusión e creación sonora, ofrecerá os días 4 e día de maio nas instalacións do centro de convivencia cívica Uxío Novoneyra de Lugo dous obradoiros de improvisación e exploración sonora, ademais dun seminario impartido por Inmaculada Cárdenas sobre improvisación musical, xénese e desenvolvemento dunha obra.

Os 10Sonscreativos’, un programa organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultral e impulsado desde os seus comezos polo Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS), constitúe unha decidida aposta por difundir e achegar ao público dúas formas de creación sonora pouco habituais, tales como son a improvisación musical e a exploración sonora.

O baixista compostelán Xacobe Martínez Antelo abrirá o 4 de maio a programación dos 10Sonscreativos co taller ‘A improvisación é a solución’, un obradoiro destinado a persoas interesadas na práctica da improvisación de diferentes ámbitos artísticos. A actividade formativa guiada por este integrante do Grupo Chévere terá continuidade o sábado 5 de maio, en quenda de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, e rematará o domingo cunha improvisación colectiva.

O segundo dos obradoiros incluídos nesta edición de Sonscreativos tamén se desenvolverá os días 4 e 5 de maio no centro municipal Uxío Novoneyra de Lugo e será impartido por Mónica Álvarez, integrante do GCSUS desde a súa fundación en 1996. A voz e a exploración sonora serán os elementos cos que traballará Mónica Álvarez ao longo deste taller, que rematará tamén o domingo 6 de maio cunha improvisación colectiva.

O seminario ‘A improvisación mUsical, xénese e desenvolvemento dunha obra’, impartido por Inmaculada Cárdenas, desenvolverase o 5 de maio, en quenda de tarde, no centro municipal Uxío Novoneyra de Lugo. Trátase dunha actividade formativa aberta á participación de todo o público interesado.

Aberta a inscrición no programa de obradoiros complementarios

A USC mantén aberto ata o 2 de maio o prazo de inscrición nos obradoiros programados no marco dos 10Sonscreativos. As persoas interesadas por formalizar a súa matrícula na Oficina de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación de Lugo. As prazas son limitadas. Tamén se pode acadar máis información a través do número de teléfono 982 821 513 ou na web da oficina de Cultura do campus de Lugo da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.04.2018.