Pasar al contenido principal

A formación para o liderado, obxecto de análise en Ciencias Políticas e Sociais

O proxecto ‘Erasmus + DeSTT- Development of Skills and Teachers Training for Leadership’ no que toma parte a USC busca formar a profesorado no eido do liderado en Mongolia, Casaquistán e Rusia
O proxecto ‘Erasmus + DeSTT- Development of Skills and Teachers Training for Leadership’ no que toma parte a USC busca formar a profesorado no eido do liderado en Mongolia, Casaquistán e Rusia
A USC acolle a persoal investigador de Mongolia e Casaquistán no marco do proxecto Erasmus Capacity Building DeSTT sobre desenvolvemento profesional de educadores/as
Santiago de Compostela

Persoal investigador procedente de catro universidades de Mongolia e Casaquistán participan este días en Ciencias Políticas e Sociais nunha xuntanza de actividades de consultaría e capacitación para o desenvolvemento do programa de piloto de desenvolvemento profesional de educadores. Esta é unha iniciativa formativa incluída no proxecto Erasmus Capacity Building DeSTT (Development of Skills and Teachers Trainig for Leadership). Concretamente, na USC atópanse representantes de M. Kozybayev North Kazakhstan University e University of International Business de Casaquistan e da Mongolian University of Life Sciences e da Mongolian University of Science and Technologu de Mongolia.

O obxectivo da actividade que se desenvolve na USC é proporcionar orientación e asesoramento sobre os aspectos básicos do desenvolvemento de programas de formación de líderes ou revisar innovacións en materia de formación para o liderado. Outras cuestións que se están a debater son a introdución de novas perspectivas  docentes no ensino superior, así como analizar obstáculos á implementación  de programas formativos e explorar desafíos para acadar a máxima calidade e sustentabilidade no desenvolvemento de proxectos de educación superior.

En calidade de orientadoras do encontro, coordinado polo profesor Ramón Bouzas Lorenzo, participan as profesoras Alba Alonso, da área de Ciencia Política e da Administración; Dámaris Cuadrado González, da de Psicoloxía Organizacional; e Montserrat Pintado Lobato, de Relacións Internacionais.

DeSTT

O proxecto ‘Erasmus + DeSTT- Development of Skills and Teachers Training for Leadership’ no que toma parte a USC busca formar a profesorado no eido do liderado en Mongolia, Casaquistán e Rusia. A través dun consorcio internacional no que, alén da universidade compostelá, toman parte outras dez institucións pertencentes a cinco países, o proxecto aborda o complexo sistema de formación de líderes das comunidades locais integrando educación formal e non formal coa axuda dun currículo desenvolvido en forma de clúster temático por módulos que combina elementos pedagóxicos, sociolóxicos, psicolóxicos, legais, económicos e de xestión.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.01.2022.