Pasar al contenido principal

28 de xuño, as universidades galegas conmemoran o Día do Orgullo

Imaxe de arquivo (commons.wikimedia.org)
Imaxe de arquivo (commons.wikimedia.org)
As universidades galegas debemos actuar como referentes sociais, onde diversas voces, corpos e afectos podan desenvolverse en plenitude
Lugo, Santiago de Compostela

Con motivo do 50 aniversario das revoltas de Stonewall, as universidades galegas fan público un escrito conxunto no que se unen na “celebración do Día do Orgullo neste ano 2019, cando se cumpre o cincuenta aniversario das revoltas de Stonewall, que supuxeron o inicio dos movementos de resistencia fronte á discriminación sexual no mundo”.

O manifesto reivindica que “as universidades galegas, como espazos científicos e humanos, debemos ‘pensar con orgullo’ e actuar como referentes sociais, onde diversas voces, corpos e afectos podan desenvolverse en plenitude”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.01.2020.