Pasar al contenido principal

O Consello de Goberno da USC debate a proposta de orzamentos para 2019

A proposta de Orzamentos para 2019 é o punto da orde do día que iniciará a xuntanza que o Consello de Goberno da USC celebrará este xoves 20 a partir das 9.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

Na reunión tamén se tratará a aprobación da normativa de Planificación Académica Anual para o curso 19/20, do regulamento de xestión do Programa de Formación de Persoal de Administración e Servizos, do acordo para a recuperación do complemento do 100% en situación de incapacidade temporal e do acordo do devengo de retribucións en situación de incapacidade temporal. Outros puntos incluídos son a Oferta de Emprego Público de PAS 2018, a modificación da Relacións de Postos de Traballo deste mesmo colectivos ou a convocatoria de bolsas de comedor do Servizo Universitario de Residencias, entre outros puntos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.12.2018.