Escolares lugueses coñecen a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC polo Día Internacional do Leite

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) do campus de Lugo da USC celebrou este venres o Día Internacional do Leite, unha efeméride que se lembra cada 31 de maio, cunha xornada de visitas escolares na que participación arredor de 150 estudantes de educación infantil e primaria dos colexios María Auxiliadora e Illa Verde, da capital luguesa, e do colexio Poeta Uxío Novoneyra, de Cervantes.
O programa organizado pola Aplta co gallo desta efeméride desenvolveuse en quenda de mañá e incluíu diversas charlas informativas, un percorrido guiado polas instalacións deste centro lácteo da USC, así como diversos obradoiros de queixería e de elaboración de iogures. Todas as actividades estiveron impartidos por técnicos e persoal da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxía Alimentarias da USC.
Os escolares que tomaron parte nesta actividade lúdica e divulgativa tamén tiveron a ocasión de participar nunha cata de queixos. Asemade, do mesmo xeito que en anos anteriores, os máis pequenos tamén recibirán a visita de Maximus, a mascota do Club Baloncesto Breogán.
Unha vez completado o circuíto de actividades organizadas na Aplta da USC para conmemorar o Día Internacional do Leite, os escolares recibiron como agasallo un lote de agasallos. Para a organización desta xornada polo Día Internacional do Leite, a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias do campus de Lugo da contou coa colaboración de diversas empresas e entidades, entre as que figuran Casa Grande de Xanceda, Capsa Food, Feiraco, Puleva, Quescrem-Innolact, Calidad Pascual e Café Candelas Breogán.



