Pasar al contenido principal

A USC entregou as Insignias Fonseca

Ao acto estaban convocados un total de 532 persoas con máis de 30 anos de servizo á USC. Foto: Santi Alvite
Ao acto estaban convocados un total de 532 persoas con máis de 30 anos de servizo á USC. Foto: Santi Alvite

Máis de cincocentas persoas estaban chamadas este venres 21 ao acto anual de entrega das Insignias Fonseca, distinción coa que a USC honra ás traballadoras e traballadores que levan prestando servizos á institución durante máis de 30 anos. Do total das 532 persoas ás que se lle impón esta Insignia, 290 son homes e 240, mulleres, e destes 343 pertencen ao colectivo do persoal docente e investigador e 189 ao de administración e servizos.

O acto protocolario de imposición presidiuno o reitor Antonio López Díaz na Palacio de Congresos e Exposición de Galicia. Na cerimonia, á que asistiu todo o equipo reitoral, interviñeron ademais Olga Fontán Maquieira en nome do Persoal de Administración e Servizos e Juan Ignacio Ramos Martínez en representación do profesorado.

O acto celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Foto: Santi Alvite O reitor Antonio López presidiu a sesión. Foto: Santi Alvite

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.12.2018.