Pasar al contenido principal

Entregados os I Premios á Excelencia dos estudantes e á Promoción da USC en destinos internacionais

Entregados os I Premios á Excelencia dos estudantes e á Promoción da USC en destinos internacionais
Entregados os I Premios á Excelencia dos estudantes e á Promoción da USC en destinos internacionais

A Vicerreitoría de Internacionalización entregou este mércores en San Xerome os diplomas aos gañadores e gañadoras da primeira edición dos Premios á Excelencia dos estudantes da USC e á Promoción da USC en destinos internacionais, unha das accións do Plan Estratéxico de Internacionalización da USC para o período 2017-2020 .

O premio á excelencia en destinos internacionais recoñece o alumnado da USC coa mellor nota media acadada nos créditos cursados no programa de mobilidade no que participase. As persoas gañadoras, todas con notas superiores a 9, foron Aldana Sabrina Colman Rouco, estudante de Filosofía; Pablo Saavedra Souto, da Facultade de Química; Daniel Gómez Costas, de Farmacia; Irene Basante Pin, de Ciencias da Comunicación; e María Luz Mosteiro del Pilar, da Escola Técnica Superior de Enxeñaría.

Pola súa banda, o premio á promoción establécese para calquera membro da comunidade universitaria que tras facer una mobilidade internacional baixo calquera dos programas de mobilidade nos que participe a USC acrediten actividades de promoción da institución compostelá nas universidades de destino.

Na área de Arte e Humanidades acadou o primeiro premio Manuela Palacios González, mentres que na de Ciencias conseguiu o primeiro Fernando Coibo Gradín e David Don López se fixo co segundo. Na de Ciencias sociais e xurídicas gañou Óscar Rodil Marzabal. O resto de premios quedaron desertos.

“Estratexia ineludible” Na cerimonia, o reitor aludiu á necesidade de converter á USC nunha universidade de recoñecido prestixio internacional. “Como formula o noso Plan –dixo–, a liña estratéxica da internacionalización é ineludible para as universidades e aínda máis para a USC, que se caracteriza polo seu dinamismo, pola súa capacidade de adaptarse aos cambios, como ten demostrado ao longo da súa dilatada historia”.

Pola súa banda, a vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido, lembrou que xa está aberto o prazo de presentación de candidaturas á segunda edición destes premios, tanto os de excelencia como os de promoción, un prazo que se pechará o 14 de setembro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.04.2018.