Pasar al contenido principal

I xornada sobre saídas profesionais en Enfermaría

I xornada sobre saídas profesionais en Enfermaría
I xornada sobre saídas profesionais en Enfermaría

A Facultade de Enfermaría organiza este xoves 12 no Pavillón docente Novoa Santos da USC (a carón do CHUS) as primeiras xornadas sobre as saídas profesionais da titulación.

O evento, para o que é preciso enviar un correo de inscrición a zenfdeca [at] usc.es (zenfdeca[at]usc[dot]es), dará comezo ás 9.00 horas coa intervención de Marcos Pazos e Raquel Rodríguez sobre a carreira investigadora e docente. A continuación, a xefa de Servizo de Enfermaría da Secretaría xeral de Universidades, Cristina Cuevas, explicará as especialidades de Enfermaría, e as profesionais Cristina Blanco e Andrea Grela falarán das experiencias reais ao finalizar os estudos.

Logo dun coloquio ás 11.00 horas, a xornada continuará coa intervención do xefe do servizo de Selección Temporal do Sergas, Manuel Díaz, que exporá cuestións relacionadas coa inserción laboral, e do director territorial de DomusVi, que falará das institucións sociosanitarias como saída laboral no ámbitro privado. A última charla, sobre colexiación, impartirana ás 13.15 horas o presidente e vicepresidenta primeira do Colexio Oficial de Enfermaría da Coruña, Amador Villaverde e Ana García.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.04.2018.