Pasar al contenido principal

Diálogos xurídicos entre as Universidades de Santiago e Minho

Diálogos xurídicos entre as Universidades de Santiago e Minho
Diálogos xurídicos entre as Universidades de Santiago e Minho

Persoal experto da Facultade compostelá de Dereito e da Escola de Dereito da Universidade de Minho reúnense este xoves na USC na segunda edición internacional dos diálogos xurídicos, nos que se analizan polo miúdo cuestións de interese e actualidade.

A xornada comezou cun repaso ás principais liñas de investigación que desenvolve o persoal docente e investigador na facultade da USC e que teñen que ver co dereito da competencia e dos bens inmateriais, a segu­ridade marítima, a corrupción pública, os dereitos sociais e a sustentabilidade ambiental, a plurilexislación civil en España e a historia do Dereito.

As respostas xurídicas á corrupción pública foi o primeiro panel de estudo, no que se trataron o papel das defensorías autonómicas, as medidas preventivas de integridade na corrupción nos contratos públicos, as comisións de investigación e transparen­cia, a colaboración cidadá ou o financiamento de partidos. Paralelamente, organizouse outro debate acerca das cuestión xurídicas das relacións transfronteirizas e da UE así como sobre a problemática e os retos do Dereito.

Na sesión da tarde analizarase a corrupción privada, poñendo o foco nos obxectivos de desenvolvemento sustentable da ONU, na ética empresarial, no delito de corrupción privada no orde­namento penal español e na Doutrina do Tribunal Supremo sobre a proba do suborno.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.04.2018.