Pasar al contenido principal

Unha xornada aprende a sacar partido das patentes

A xornada ‘As patentes, ferramentas clave na investigación’ diríxese a persoal investigador para aprenderlle a aproveitar a información que conteñen as patentes na investigación e nas buscas de antecedentes para evitar duplicar esforzos. A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) organiza o encontro en colaboración coa Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) o mércores 18 de 11.00 a 13.00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas. A entrada é libre previa inscrición en avte [at] usc.es (avte[at]usc[dot]es).

Logo da introdución e benvida da vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, ás 11-15 horas o director da AVTE, José Luis Villaverde Acuña, falará sobre a xestión das patentes na Universidades compostelá. Deseguido intervirá Carmen Toledo de la Torre, xefa da Unidade de Información Tecnolóxica da Oficina Española de Patentes e Marcas, que reflexionará sobre os motivos para utilizar as patentes, que e como se pode patentar, novidades da Lei de Patentes, utilidade da información de patentes, onde e como acceder á información de patentes ou servizos de vixilancia tecnolóxica que ofrece a OEPM, entre outras cuestións.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.04.2018.