Unha mostra rememorará o 150 aniversario das relacións diplomáticas entre España e Xapón
A inauguración celebrarase o luns 10 ás 12.30 horas no Claustro alto do Colexio de Fonseca
O Claustro alto do Colexio de Fonseca acollerá a vindeira semana unha mostra que, co lema ‘ Tratado de 1868: os cimentos da amizade España-Xapón’, conmemora o 150 aniversario das relacións diplomáticas entre ambos países. Esta é unha iniciativa incluída na terceira Semana Cultura de Xapón en Santiago que organiza o Centro de Linguas Modernas da USC (CLM).
A vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, xunto coa directora do CLM, Katerina Vlasakova, e a coordinadora da Sección de Xaponés e Exame oficial de xaponés NOKEN, Minako Takahashi, inaugurarán a mostra o vindeiro luns 10 nun acto ás 12.30 horas no Claustro alto de Fonseca.