Pasar al contenido principal

Unha alumna da Facultade de Física, número 2 do RFIR

Ademais de González Kölmel, outros catro titulados nesta Facultade da USC atópanse en chanzos destacados. FOTO: Santi Alvite
Ademais de González Kölmel, outros catro titulados nesta Facultade da USC atópanse en chanzos destacados. FOTO: Santi Alvite
Eva González Kölmel obtivo unha puntuación final de 106,3319 puntos
Santiago de Compostela

Eva González Kölmel, graduada en Física pola USC, obtivo o posto número dous nas probas de acceso ao sistema de formación RFIR (Radiofísico Interno Residente), segundo a listaxe provisional que fixo pública o Ministerio de Sanidade. González Kölmel acadou un 96,1186 constituído por 154 respostas válidas e 30 erróneas. Xunto a un baremo de 8,81 puntos e unha puntuación de 10,2133 no apartado de méritos académicos, a aspirante conseguiu unha puntuación total de 106,3319 puntos.

Ademais de González Kölmel, outros catro titulados nesta Facultade da USC atópanse en chanzos destacados. É o caso de Iago Mosquera Cereijo (posto 16), Francisco Mosquera-Pena Sánchez (posto 30), Giorgia Yang (posto 31) e José Manuel Álvarez Pérez (posto 32). A Radiofísica Hospitalaria é a especialidade sanitaria que se ocupa de medir e valorar as radiacións, co fin de contribuír á correcta planificación, aplicación e investigación das técnicas radiolóxicas que a Física pon ao dispor da Medicina.

MIR

O alumnado titulado pola USC tamén está a acadar posicións destacadas nas probas MIR (Médico Interno Residente). Así, Sofía Mercedes Haselgruber de Francisco obtivo o posto número 1 na convocatoria 2022 deste exame, tamén segundo a listaxe provisional do Ministerio de Sanidade. A aspirante obtivo 182 respostas válidas no exame MIR e 18 erros cunha puntuación de 93,6354. A este resultado engádeselle un baremo académico de 9,34 e tradúcese nunha puntuación de 9,6557, o que lle outorga unha puntuación final de 103,2911 puntos.

O exame  MIR é unha proba de avaliación para acceder á formación de especialistas médicos en España. Consiste na avaliación, principalmente, de coñecementos mediante un cuestionario obxectivo de múltiples respostas que ten como fin obter unha puntuación prioritaria para elixir especialidade e hospital.

González Kölmel acadou un 96,1186 constituído por 154 respostas válidas e 30 erróneas. Xunto a un baremo de 8,81 puntos e unha puntuación de 10,2133 no apartado de méritos académicos, a aspirante conseguiu unha puntuación total de 106,3319 puntos
González Kölmel acadou un 96,1186 constituído por 154 respostas válidas e 30 erróneas. Xunto a un baremo de 8,81 puntos e unha puntuación de 10,2133 no apartado de méritos académicos, a aspirante conseguiu unha puntuación total de 106,3319 puntos
Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.