Pasar al contenido principal

O seminario ‘Rompendo as barreiras das diferencias’ trata en Ade a xestión da diversidade por razóns culturais e de discapacidade

Toñí Ares e Tania Catro, na súa intervención no seminario 'Rompendo as barreiras das diferencias'
Toñí Ares e Tania Catro, na súa intervención no seminario 'Rompendo as barreiras das diferencias'

A xestión da diversidade ben por razón de discapacidade ben por cuestións de diferencias culturais centra este luns a temática do seminario promovido polo alumnado do Máster en Administración e Dirección de Empresas MBA Lugo ‘Rompendo as barreiras das diferencias’, unha actividade formativa e tamén de sensibilización social que congregou máis dun centenar de asistentes no salón de graos da Facultade de administración e Dirección de Empresas.

As orientadoras laborais en servizos de intermediación laboral Toñi Ares García e Tania Castro Lozano, de Cogami, abriron a quenda de relatorios cunha intervención sobre a potenciación das capacidades. De seguido, a orientadora laboral de Cruz Vermella na provincia de Lugo Yolanda Hernández Pinilla pechou a quenda de intervencións programadas nesta xornada co relatorio ‘ As persoas por riba das diferencias culturais’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.12.2018.