Pasar al contenido principal

A Federación Autismo Galicia inaugura en Fonseca a mostra ‘Un de cen. Comprendendo o espectro’

A Federación Autismo Galicia inaugura en Fonseca a mostra ‘Un de cen. Comprendendo o espectro’
A Federación Autismo Galicia inaugura en Fonseca a mostra ‘Un de cen. Comprendendo o espectro’

A Federación Autismo Galicia organiza, coa colaboración da USC, a exposición ‘Un de cen. Comprendendo o espectro’. Con ela pretende contribuír a xerar unha mirada máis ampla e profunda en torno á singularidade das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e poder ampliar o coñecemento naqueles sectores profesionais vinculados á mellora da calidade de vida das persoas con TEA e as súas familias.

A exposición, que poderá visitarse ata o 18 de xaneiro de luns a venres de 9:00 a 21.00 horas, inaugúrase este martes 18 ás 19.30 horas no Claustro Alto do Colexio de Fonseca coa asistencia da vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, e a presidenta da Federación Autismo Galicia, María José Álvarez Folgar.

No mesmo acto, presentarase o novo Calendario da Federación Autismo Galicia 2019 e o proxecto co mesmo nome que dará o seu comezo durante o primeiro trimestre do seguinte ano, en colaboración coas universidades galegas, e que consistirá nun ciclo de charlas formativas impartidas por profesionais da rede de servizos de entidades da federación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.12.2018.