Pasar al contenido principal

Fernando Cobo, premio Osíxeno de Honra 2021

Fernando Cobo foi director da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con
Fernando Cobo foi director da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con
O galardón que outorga ADEGA rende tributo á traxectoria deste profesor da área de Zooloxía da USC
Santiago de Compostela

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) outorgou o premio Osíxeno de Honra 2021 ao profesor da área de Zooloxía da USC Fernando Cobo, quen tamén foi director da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con. Este recoñecemento subliña “o excelente traballo á fronte deste centro de investigación durante máis de 16 anos e a súa constancia no impulso de proxectos e estudos que contribuíron a coñecer máis e mellor os nosos ríos, tanto dentro, como fóra das nosas fronteiras”, explicaron dende ADEGA.

O galardón recoñece tamén a súa actitude colaborativa co ecoloxismo galego ao que ten demostrado o seu apoio en multitude de ocasións, ademais de achegar de forma altruísta asesoramento técnico e datos científicos de importancia para o desenvolvemento de accións como a Iniciativa Lexislativa Popular dos ríos de 2004, a defensa dos ríos fronte aos grandes encoros e aos vertidos, ou na promoción do voluntariado ambiental nos ecosistemas fluviais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.03.2022.