Pasar al contenido principal

Comparte libros na Facultade de Matemáticas

Comparte libros na Facultade de Matemáticas
Comparte libros na Facultade de Matemáticas
O centro súmase á iniciativa BookCrossing

A Facultade de Matemáticas da USC súmase á iniciativa internacional BookCrossing baseada na idea de compartir libros e unir persoas. O punto de intercambio de libros no centro atópase a carón das máquinas expendedoras da planta soto; alí sitúase o Andel dos libros libres e as etiquetas identificadoras.

O funcionamento é moi sinxelo: quen libera un libro debe rexistralo na páxina do proxecto e anotar o número de identificación nas etiquetas que a Facultade pon a disposición dos usuarios e usuarias. Mediante este código, pódese seguir a viaxe do libro de persoa a persoa, sempre que quen o atope deixe a súa vez constancia na web.

A biblioteca mundial BookCrossing consta na actualidade de 1.932.012 BookCrossers e 12.705.788 libros viaxando por 132 países.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.12.2018.