Pasar al contenido principal

Adaptado o Protocolo de xestión de casos COVID-19 na USC

A USC actualizou a Guía de actuacións fronte á COVID-19. FOTO: Santi Alvite
A USC actualizou a Guía de actuacións fronte á COVID-19. FOTO: Santi Alvite
No suposto de que a intensidade dos síntomas dificulten a actividade diaria, as persoas da comunidade universitaria quedarán no domicilio ata que melloren logo de comunicalo á Oficina de Xestión COVID-19
Lugo, Santiago de Compostela

A USC acaba de adaptar o Protocolo de xestión de casos COVID-19 de conformidade co establecido polo protocolo de Vixilancia e control do SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Como principal novidade, elimínase a necesidade de illamento e corentena para as persoas que sexan casos sospeitosos ou confirmados de COVID-19, polo que só se deberá comunicar á Oficina de Xestión COVID aquelas situacións nas que a intensidade dos síntomas non permita realizar a actividade diaria. Ademais, o persoal que pertenza a un colectivo vulnerable poderá solicitar o traballo a distancia durante o período de 10 días establecido nas recomendacións para casos confirmados e casos sospeitosos de COVID-19.

No suposto de que a intensidade dos síntomas dificulte a actividade diaria, as persoas da comunidade universitaria quedarán no domicilio ata que melloren. Nese caso, deberán comunicalo á Oficina de Xestión COVID-19 por correo electrónico a info.coronavirus [at] usc.gal (info[dot]coronavirus[at]usc[dot]gal) coa maior brevidade posible, achegando a declaración responsable correspondente e que pode atoparse nos anexos do propio protocolo. A Oficina de Xestión COVID-19 comunicará esta circunstancia ao/á Delegado/a COVID-19 que se encargará de velar porque as persoas afectadas poidan seguir a súa actividade.

De precisarse unha baixa laboral, deberase pedir cita telefónica ao centro de saúde. Outras das recomendacións pertinentes nesta situación correspóndense co uso, de forma constante, da máscara facial; evitar o contacto con persoas ou ámbitos vulnerables; reducir as interaccións sociais; lavar as mans con frecuencia e informar os contactos máis estreitos.

 Ademais, a USC actualizou a Guía de actuacións fronte á COVID-19 e o Protocolo do Servizo Universitario de Residencias para eliminar as referencias ao illamento e corentena e á necesidade de contar con salas de illamento en todos os edificios.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.04.2022.