Pasar al contenido principal

Unha publicación abre novas vías investigadoras en torno ao mundo clásico

Detalle da portada do libro
Detalle da portada do libro
‘Scripta manent: nuevas miradas sobre los estudios clásicos y su tradición’ está coordinado por Laura Camino, Miguel Giadás, Eleonora Giunchi e Iria Pedreira
Santiago de Compostela

O volume Scripta manent: nuevas miradas sobre los estudios clásicos y su tradición que acaba de publicar o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC na Colección Lucus-Littera constitúe unha nova achega na investigación do mundo clásico. Este é un eido que “revive constantemente grazas ás novas perspectivas, olladas e interpretacións coas que as investigadoras e investigadores se achegan a ela”, explicou Eleonora Giunchi quen coordina a obra xunto a Laura Camino, Miguel Giadás e Iria Pedreira. O volume recolle as contribucións presentadas no VIII Congreso da Asociación Ganimedes, que tivo lugar en marzo 2020 na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.

“O resultado é un volume fresco e serio á vez, que mostra algunhas das liñas de traballo máis actuais en España no eido da filoloxía clásica e outras disciplinas afíns, como a historia ou a arte”, engade. Os bloques temáticos nos que se organiza  libro son cinco: epigrafía e crítica textual, lingüística latina, grega e indoeuropeo, literatura grega, literatura latina e, por último, tradición clásica.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.02.2023.