Pasar al contenido principal

Os Premios Leonardo distinguen a actividade docente do noso profesorado dende abril de 2007

Profesor M. Dámaso Rodríguez Fernández
Profesor M. Dámaso Rodríguez Fernández
Co galardón deste curso consolídase o recoñecemento das alumnas e alumnos do Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos ao labor desempeñado polo profesor Manuel Dámaso Rodríguez Fernández, depositario dende a primeira entrega dos Premios Leonardo á Docencia
Santiago de Compostela

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela celebrou o pasado día 7 de abril a súa festividade coa entrega de varios premios. O acto institucional estivo presidido polo Reitor Antonio López.

Ademais do alumnado que recibiu o diploma aos mellores traballos académicos e aos mellores expedientes, foron protagonistas da xornada varios membros do profesorado, que recibiron os Premios Leonardo á docencia e á investigación.

Na edición 2022, os galardóns á actividade docente recaeron (segundo a listaxe tamén publicada no Xornal Electrónico) en Daniel Cores Costa, Mª da Alba Nogueira López, José Antonio Aldrey Vázquez, Alberto Rojo Alboreca, Juan Manuel Garrido Fernández, Manuel Dámaso Rodríguez Fernández, Cristina Díaz Jullien, David Enrique Losada Carril e Manuel Felipe Mucientes Molina. Os concedidos á actividade investigadora foron para Mª Teresa Moreira Villar, Marta Carballa Arcos e Juan M. Lema Rodicio.

Co galardón deste curso consolídase o recoñecemento das alumnas e alumnos do Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos ao labor desempeñado polo profesor Manuel Dámaso Rodríguez Fernández, depositario dende a primeira entrega dos Premios Leonardo á Docencia, aló en abril de 2007.

Dámaso Rodríguez é membro do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. No Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos conduce unha materia titulada Habilidades Directivas. A súa especialización e o seu encargo docente pertencen ao eido da psicoloxía do traballo e das organizacións. Ademais do contido, as actividades nas que participa teñen como fío condutor un estándar de calidade, que acreditan as enquisas anuais de satisfacción. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.04.2022.