Pasar al contenido principal

Publicado o censo electoral definitivo das eleccións a reitor ou reitora e de representantes no Claustro

Publicado o censo electoral definitivo das eleccións a reitor ou reitora e de representantes no Claustro
Publicado o censo electoral definitivo das eleccións a reitor ou reitora e de representantes no Claustro

Xa está dispoñible o censo electoral definitivo para as eleccións a reitor ou reitora así como para as de representantes no Claustro da USC que se celebrarán o vindeiro 23 de abril. A partir deste xoves 15 ábrese o prazo para a presentación de candidaturas a ambos procesos electorais, un período que se estenderá ata o día 2 de abril.

Xa o 10 de abril está prevista a proclamación definitiva de candidaturas que dará paso ao desenvolvemento da campaña electoral, entre os días 11 e 19 de abril. Paralelamente, entre o 16 e 20 abril será posible exercer o voto anticipado. Logo da xornada de reflexión do 20 de abril, a votación para a elección de reitor ou reitora e de representantes a Claustro Universitario celebrarase o luns 23 de abril entre as 10.00 e as 18.00 horas sen prexuízo do disposto para o voto anticipado. A Comisión Electoral determinará os locais de votación unha vez publicado o censo electoral definitivo.

Segunda volta
No caso das eleccións de reitor ou reitora da USC, o calendario contempla, se fose necesario, a celebración dunha segunda volta cuxa votación se produciría o día 14 de maio. O proceso concluiría, neste último suposto, o 24 de maio coa proclamación definitiva do reitor ou reitora electos. De non haber segunda volta, a proclamación definitiva producirase o día 7 de maio.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.03.2018.