Pasar al contenido principal

Preguntas frecuentes

Información para organizadores

Deseño e propostas

En función de que requiran ou non titulación previa de acceso se distinguen os seguintes cursos propios:

Os Cursos de Formación Continua e os de Formación Específica poderán ser organizados a iniciativa directa de docentes, servizos, centros, departamentos ou grupos de investigación da USC, ou a demanda de entidades externas.

  1. Para titulados:
     
    • Máster en Formación Permanente.
       
    • Diploma de Especialización.
       
    • Diploma de Experto/a.
       
  2. Para non titulados: Cursos de Formación Continua.
     
  3. Para titulados e non titulados: Cursos de Formación Específica.

Máster en Formación Permanente:  60, 90 y 120 ECTS.

Diploma de Especialización: entre 30 y 59 ECTS.

Diploma de Experto/a: entre 15 y 29 ECTS.

Cursos de Formación Continua: a partir de 15 ECTS.

Cursos de Formación Específica: menos de 15 ECTS, en forma de microcredenciais ou micromódulos.

É un curso organizado para satisfacer as necesidades específicas de formación dunha entidade o institución externa á USC, a petición da mesma e para os seus empregados, socios, asociados ou colexiados. O alumnado pode ser seleccionado e matriculado por ela, que aboará á Universidade a cantidade que corresponda, previa factura. Superado o curso, expediráselle ao alumnado un certificado acreditativo da formación recibida. O profesorado tamén poderá solicitar certificación da docencia impartida ou da dirección do curso.

Os títulos propios de 15 créditos ou mais deben ser aprobados polo Consello de Goberno, previo informe favorable da Comisión de Estudos Propios.

Os títulos propios de menos de 15 créditos deben ser aprobados pola Comisión de Estudos Propios.

No caso dos másteres e dos diplomas as propostas se presentarán no período indicado en cada convocatoria, que se publicará a través da páxina web:

https://www.usc.gal/gl/centro/centro-estudos

Fora dese prazo só se considerarán as propostas de interese institucional.

As propostas dos cursos de formación continua e de formación específica poden presentarse en calquera momento, coa antelación precisa para a súa revisión, valoración e, de ser o caso, aprobación.

Si. A través da FUNDAE pódese solicitar axudas ás empresas. Pode atoparse información no seguinte enlace  http://www.usc.es/gl/centros/cep/modules/news/news_0005.html

Si, sempre durante a celebración do curso e deberá ser autorizada pola Comisión do CEP. Excepcionalmente o Consello de Goberno poderá coñecer esta modificación se o título propio ten 15 créditos, ou máis.

Si, antes do inicio do período de matrícula sen alegar motivo e tamén se, terminado ese prazo, non se acada o número mínimo de alumnos.

A persoa que asuma a dirección do curso deberá pertencer á Universidade de Santiago de Compostela e,no caso dos másteres e cursos de especialización, deberá ser persoal docente e investigador con vinculación permanente ou con contrato vixente por toda a duración do curso e o prazo para a obrigatoria presentación da  memoria. No caso dos másteres propios, deberá posuír o título de doutoramento.

Se o curso contemplase a codirección, a persoa que a asuma poderá ser externa á Universidade de Santiago de Compostela, sempre que a entidade á que pertenza colaborara na proposta e organización do curso e se trate dunha persoa con titulación universitaria oficial. A persoa que asuma a codirección poderá colaborar coa dirección no deseño do curso, apoiar con publicidade a través de canles externos á Universidade de Santiago de Compostelan a captación de alumnado e na selección como docentes de profesionais alleos á Universidade vinculados ao seu ámbito de actividade, así como actuar na xestión ordinaria dos labores docentes.

Debe tratarse de persoal da USC. O PDI non  precisa vinculación permanente.

Non se poderá ser director de mais dun máster propio ou curso de especialización simultáneamente  (excepto caso de título estruturado en módulos que poidan ser outros títulos); nin ser co-director en mais de dous.

Si, un informe favorable do departamento ou centro organizador e outro de dispoñibilidade das instalacións necesarias para impartir a docencia.

Os modelos de informe poden atoparse na seguinte dirección: https://www.usc.gal/gl/centro/centro-estudos/arquivo

Hai que cumprimentar o modelo-tipo que figura na páxina web https://www.usc.gal/gl/centro/centro-estudos/arquivo , e envialo ao CEP, que xestionara a súa tramitación e sinatura.

Hai que cumprimentar o modelo-tipo que figura na páxina web, e envialo ao CEP, que xestionara a súa tramitación e sinatura.

Si, pero débese solicitar autorización á Comisión, achegando nova proposta de orzamento de ingresos e gastos.

Si, sendo a presentación da memoria da edición anterior, requisito imprescindible para a renovación do curso.

Xestión do curso: aspectos académicos

Tramitar o pagamento do persoal con cargo ao curso; supervisar e controlar o seu desenvolvemento, solicitar calquera cambio da proposta aprobada e solicitar a renovación para vindeiras edicións.

Asinar as actas globais de cualificación do curso e cumprimentar a memoria académica e económica que se presenta ao CEP nun prazo máximo de 3 meses dende a súa finalización.

O director/a, un secretario/a, tres docentes do curso e un alumno dos matriculados. A metade dos membros debe ser da USC.

Non, non é necesaria.

Existe un límite de 100 horas de docencia por curso académico, excepto titorias no TFM e titorias en cursos non presenciais, pero este límite se amplía a 120 horas sumando a dirección, co-dirección ou coordinación.

Si, neste caso as deben realizar tódolos alumnos matriculados. Deberá indicarse como "Obrigatorias".

Non necesariamente, estas prácticas poden ser un complemento formativo adicional á programación académica, e non é necesario que as realicen tódolos alumnos matriculados. Deberá indicarse como "Optativas".

Si, unha vez aprobada a proposta de título é necesario subscribir un convenio entre a Universidade e a empresa/entidade para o desenvolvemento das prácticas, xa formen parte do plan de estudos, xa sexan un complemento formativo adicional. O convenio  xestionarase a través do CEP  segundo o procedemento establecido na Universidade.

Nos cursos de estudos propios, o profesorado da USC debe impartir, polo menos, o 25% da docencia, e dos créditos do título.

No caso dos másteres propios e cursos de especialización, alomenos, o 25 % dos créditos, agás razóns extraordinarias que deberán ser valoradas pola Comisión.

Si, pero no título so figuraran os créditos necesarios para obter a titulación.

Debe estar aprobada pola Comisión do CEP a memoria da edición do curso correspondente.

Debe estar aprobada pola Comisión do CEP a memoria da edición do curso correspondente.

Xestión do curso: aspectos económicos

Segundo as bases de execución orzamentaria de 2024:, os límites máximos globais a percibir anualmente: son 12.000 euros por actividade docente e 7.500 euros por dirección ou coordinación. A suma das retribucións obtidas por actividade docente e por dirección ou coordinación non superará os 15.000 euros.

Segundo as bases de execución orzamentaria de 2024, as retribucións máximas seran de 150 euros por hora de docencia e 90 euros por hora de dirección ou coordinación de estudos propios. 

Na actualidade, o Consello de Goberno ten aprobado un prezo mínimo de 20 euros por crédito ECTS e un máximo de 100 euros por crédito ECTS.

Si.  Debe tratarse de persoal da USC e terá un límite de 75 horas por curso académico, fixado por Xerencia. Non se pode colaborar, simultaneamente, en máis de dous títulos propios (excepto persoal de conserxería).

As retribucións deben ser tramitadas a través do CEP. O persoal externo so poderá colaborar na realización de tarefas puntuais, para o que presentará factura dos seus traballos e será pagada a través do RAE do centro de adscrición.

Un máximo do 20% do total dispoñible.

Un mínimo de 50% do total do dispoñible, agás casos debidamente autorizados previamente pola Comisión do CEP e previa petición razoada pola dirección do curso.

Si, están cubertos por un seguro de accidentes e responsabilidade civil a través da póliza subscrita pola Universidade. Da cobertura ao alumno durante a realización do título incluído o período das prácticas en empresas, sempre que estea vixente o correspondente convenio.

Non é preciso o seguro para títulos totalmente no presenciais.

O canon calcúlase automaticamente, correspondendo o 15 % sobre o total dos ingresos de matrícula para a Universidade e o 2% para o centro/departamento/instituto organizador. No caso existir ingresos mediante convenio aplicaríase tamén o 1% de retención.

Non é posible realizar este pago.

É posible a través de dúas vías: 1) Como curso organizado a demanda dunha entidade, que aboará á Universidade os gastos do curso. 2) Como curso organizado con cargo aos ingresos dun grupo de investigación .

É posible só se o congreso ten relación coa materia docente e está previsto o gasto na proposta. Antes de facer o gasto é preciso solicitar autorización ao CEP indicando o nome dos alumnos asistentes, que poderán ir acompañados por un profesor do curso. Non é posible pagar axudas de custo e locomoción ao alumnado por asistir ao congreso.

Información para futuros alumnos

Son cursos especialmente dirixidos a persoas con titulación universitaria que queren especializarse ou reciclarse profesionalmente. A partir dunha metodoloxía aplicada se incentivan as prácticas e as estancias en contextos produtivos  reais.

Máster oficial: é o conxunto de ensinanzas reguladas de posgrao con validez en todo o territorio nacional e no Espazo Europeo de Educación Superior. Para acceder requírese posuir o grao académico de licenciado, diplomado ou equivalente ou de grao no novo sistema de Educación Superior.

Máster propio: son estudos aprobados por cada Universidade, encamiñados á formación de especialistas, acorde coas demandas da sociedade, sobre todo en ramas interdisciplinares e de interese social, cultural, científico técnico e/ou profesional. Para acceder é necesario posuír os mesmos requisitos que para acceder a un máster oficial. Excepcionalmente poderán ser admitidos alumnos aos que lle falte por superar o TFG e como máximo 9 créditos ECTS para obter a titulación requirida.

As modalidades de cursos son: Máster de Formación Permanente, Diploma de Especialización, Diploma de Experto/a, Cursos de Formación Continua e Cursos de Formación Específica .

Non, os másteres que  figuran dentro  da  oferta  formativa  de  títulos  propios  no  dan  acceso  aos estudos de doutoramento. A titulación que da acceso a eses estudos son os másteres oficiais que ofertan todas as Universidades.

Sí. No enlace: http://www.usc.gal/gl/centro/centro-estudos/, figura a información xeral dos diferentes títulos aprobados no CEP por curso académico e poderá consultar a modalidade na que se imparte.

Denomínanse Cursos de Formación Continua aos estudos propios, que non requiran titulación universitaria, cunha carga lectiva igual ou superior a 15 créditos ECTS.

Denomínanse Cursos de Formación Específica aos estudos propios, que requiran ou non titulación universitaria, cunha carga lectiva inferior a 15 créditos ECTS.

 

Os estudos propios diferéncianse segundo requiran ou non titulación previa.

No caso dos Másteres de Formación Permanente, dos Diplomas de Especialización e dos Diplomas de Experto/a se precisará a titulacion previa requirida en cada un deles.

No caso dos Cursos de Formación Continua non se requirirá titulación previa. Non obstante, si pode ser preciso reunir os requisitos de acceso específicos establecidos no seu caso.

Os Cursos de Formación Específica poderán requirir ou non de titulación previa de acceso, segundo o decida a dirección do curso. 

A formación está plenamente recoñecida, pero dependerá de cada concurso que esta formación sume como méritos ou non. Dependerá de cada convocatoria, pero en caso de dúbida,  habería que consultar ao organismo que convoca a praza.

Cada curso (tamén no programa de formación específica e a demanda) ten un prazo independente.

Poderá consultar os prazos no enlace da oferta estudos propios: http://www.usc.es/gl/centros/cep/oferta.html

Si, están cubertos por un seguro de accidentes e responsabilidade civil a través da póliza subscrita pola Universidade. Da cobertura ao alumno durante a realización do título incluído o período das prácticas en empresas, sempre que estea vixente o correspondente convenio.

Non é preciso este seguro para títulos íntegramente virtuais.

Os estudos propios non contemplan ningún tipo de bolsas ou exencións de prezos públicos (familia numerosa, discapacidade, estudante da USC, persoal da USC, etc.).

De ser preciso que a Universidade emita unha factura para acreditar o pago por dunha entidade ou empresa, dos importes de matricula ou seguro obrigatorio, poderá solicitarse nos días seguintes á formalización do pago, na oficina que xestiona a matricula. Esta facilitará un formulario que se debe cumprimentar e enviar segundo o procedemento indicado no mesmo.

As facturas corresponderán sempre a pagos realizados dentro do ano natural. Non se poderán emitir facturas de pagos de anos atrasados. A factura debe solicitarse nos días seguintes do pagamento realizado.

Si, sempre que o contemple a organización dos estudios na oferta aprobada. Estas prácticas poden ser curriculares e neste caso forman parte do plan de estudos e as deben realizar tódolos alumnos matriculados ou poden ser extra curriculares, sendo un complemento formativo da programación e non es necesario que as realicen tódolos alumnos matriculados.

Non.  Os gastos de expedición abónanse unha vez superado o curso propio e xestionarase no Servizo de Xestión Académica da USC (oficina de matrícula e na Sección de Títulos)

Si, pero para acceder a un título propio, o alumnado matriculado deberá solicitar a equivalencia da súa titulación oficial de acceso no Servizo de Xestión Académica, para que a súa admisión e matrícula sexa definitiva.

Un título propio ten a mesma validez fóra que dentro de España, xa que é un título curricular de estudios non regrados, e amparados pola Lei Orgánica de Universidades.

As siglas ECTS corresponden a European Credit Transfer System, un sistema que permite medir o traballo que teñen que facer os estudantes para adquirir os coñecementos, capacidades e destrezas necesarias para superar as diferentes materias do seu plan de estudo.

A actividade de estudos (25 horas por crédito) inclúe o tempo de horas lectivas, horas de estudo, titorías, seminarios, traballos, prácticas ou proxectos, así como as esixidas para a preparación e realización de exames e avaliacións.

Na proposta de cada curso se establecerá a modalidade de pagamento, que poderá ser nun único pago ou en varios prazos. Esta información aparecerá publicada na web da USC.

O alumnado que supere a formación dun Máster de Formación Permanente, dun Diploma de Especialización ou dun Diploma de Experto/a, poderá solicitar a expedición do correspondente título ou diploma a través da súa Secretaría Virtual (alumnado) na paxina web da USC.

 

O alumnado que supere a formación dun Curso de Formación Continua ou dun Curso de Formación Específica, poderá solicitar a expedición do correspondente certificado académico asinado electrónicamente a través da súa Secretaría Virtual (alumnado) na web da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.11.2024.