Pasar al contenido principal

Un congreso internacional en Dereito analiza a manipulación informativa en clave de seguridade

Público asistente de xeito presencial ao congreso
En formato presencial e en liña, o encontro reúne especialistas de vinte universidades de 9 países. Foto: Santi Alvite
Trátase dun encontro internacional organizado por CESEG e IEEE que reúne especialistas e persoal investigador de vinte universidades de 9 países

O Centro de Estudos de Seguridade da USC (CESEG) e o Instituto Español de Estudos Estratéxicos (IEEE) organizan este mércores 27 un congreso internacional coa lema ‘Manipulación informativa como problema de seguridade’. No encontro, que conta co apoio do Parlamento de Galicia e da Xunta de Galicia, participan especialistas e persoal investigador de 20 universidades procedentes de 9 países. A inauguración oficial celebrouse na Facultade de Dereito dende onde se celebra o congreso en formato híbrido ao poder seguirse de xeito presencial e en liña. O reitor Antonio López presidiu a xornada inaugural na que tamén interviñeron a decana do centro, Ana Gude Fernández; o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o director do IEEE, o xeneral Francisco Dacoba Cerviño; e o director do CESEG, José Julio Fernández Rodríguez.

O programa contempla tres paneis temáticos nos que se abordan cuestións relativas aos procesos de manipulación informativa, as súas posibles consecuencias así como respostas que deben articularse antes este fenómenos. En opinión das entidades organizadores do eventos, “os amplos procesos de desinformación que se están a producir convertéronse nun importantísimo problema de seguridade e de calidade da vida democrática”.

Neste senso, a pandemia ou a guerra en Ucraína “evidencian a actualidade desta problemática”, aos que se suman os acontecementos e sospeitas de noticias falsas e de “infoxicación” producidos arredor de determinados procesos electorais recentes. A partir destas cuestións, o congreso busca analizar con rigor estes fenómenos na busca de solucións que eviten a súa ameaza no día a día.

De esquerda a dereira, Ana Gude, Antonio López, José Miñones e José Julio Fernández. Foto: Santi Alvite
De esquerda a dereira, Ana Gude, Antonio López, José Miñones e José Julio Fernández. Foto: Santi Alvite
Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.04.2022.