Pasar al contenido principal

As V Xornadas XuvenCiencia para Profesorado citan este venres en Veterinaria arredor de 50 docentes de ensino medio de Galicia

O programa comezará ás 17.00 horas e permitirá a posta en común das experiencias xa realizadas cos kits Animal CSI, Aqualab, Photonics Explorer, RescueMe e Vitroplan

A sesión de clausura da quinta edición das Xornadas XuvenCiencia para Profesorado, unha acción enmarcada no proxecto ‘Fago, logo aprendo!’, promovido polo grupo XuvenCiencia da USC coa colaboración da Federación Española para a Ciencia e Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Educación e Universidades, reúne este venres, a partir das 17.00 horas, na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo da USC arredor de medio centenar de docentes de ensino medio de Galicia.

O último dos encontros programados no marco doas V Xornadas XuvenCiencia para Profesorado permitirá aos docentes de ensino medio participantes neste programa debater e compartir as experiencias en prácticas de investigación e experimentación xa desenvolvidas nos seus respectivos centros educativos da man de cinco kits Animal CSI, Aqualab, Photonic Explorer, RescueMe e Vitroplan.

Despois de tres sesións anteriores, estruturadas en obradoiros de experimentación e de análise de datos cos kits elaborados por XuvenCiencia, este último encontro consistirá nunha posta en común das actividades realizadas polo profesorado nos seus centros, tratando aspectos máis específicos de cada un dos kits na primeira parte da xornada e aspectos xerais das actividades con todo o profesorado nunha segunda parte.

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, presidirá, a partir das 20.00 horas, o acto de clausura das V Xornadas XuvenCiencia para Profesorado no marco dunha sesión na que tamén participarán representantes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, ademais da profesora da USC e coordinadora do grupo XuvenCiencia, Mercedes Novo Rodríguez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.03.2019.