Pasar al contenido principal

Sara Piñeiro gaña o sétimo certame de pintura CreArte coa obra ‘Holocausto’

'Holocausto', obra de Sara Piñeiro que gañou o sétimo certame
'Holocausto', obra de Sara Piñeiro que gañou o sétimo certame
O xurado tamén concedeu un accésit a Víctor Rodríguez Espiñeira

Sara Piñeiro, alumna de Belas Artes de Pontevedra, gañou a sétima edición do certame de pintura CreArte coa obra ‘Holocausto’. Na mesma convocatoria Víctor Rodríguez Espiñeira, con ‘Estación’, foi recoñecido co premio accésit. Ambos repartiranse respectivamente 700 e 400 euros, dotación dos premios en metálico.

Impulsado pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, ao certame presentáronse un total de 18 obras. O acto de entrega de premios celebrarase o próximo 5 de abril coincidindo coa festividade do patrón da Facultade, San Vicente Ferrer, no que tamén se inaugurará unha exposición temporal cos fondos artísticos deste centro. Este é unha das actividades incluídas nos actos conmemorativos do 50 aniversario dos estudos de Economía en Galicia.

Dende a súa apertura, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC sempre tivo un especial interese no fomento da arte galega, motivo polo que en 2011 puxo en marcha o certame CreArte. As obras premiadas nesta nova edición incorporaranse á colección artística do centro conformada por obras de ACisclo, Sucasas, Laxeiro, Quessada, Silverio Rivas, Conde Corbal, Camilo Otero ou Tomé, entre outras.

'Estación', de Víctor Rodríguez Espiñeira, premio accésit

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.03.2018.