Pasar al contenido principal

Unha xornada en Bioloxía debate o proceso de ‘eucaliptización’ en Galicia

A situación do eucalipto en Galicia centra o debate das novas xornadas organizadas pola asociación de estudantes da USC Bota e Bata. Entre este luns 5 e o mércores 7 especialistas abordarán esta temática dende diferentes perspectivas na Aula Magna da Facultade de Bioloxía.

O xeógrafo da USC Martín Agrelo abrirá o programa este luns ás 20.00 horas falando da expansión territorial do eucalipto, seguido da catedrática da USC Rosa Calvo que exporá diversos datos do impacto do efecto desta árbore no solo. O martes 6 o presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Xosé Alfredo Pereira referirase á ‘eucaliptización’ en Galicia e o catedrático da USC Manuel Marey tratará o tema dende o punto de vista dos/as propietarios/as.

O ciclo rematará o mércores cunha mesa de debate, de 19.30 a 21.30 horas, na que representantes do mundo científico, ecoloxista e labrego reflexionarán sobre a sustentabilidade e os efectos do cultivo desta árbore.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.03.2018.