Pasar al contenido principal

Acto institucional da USC co gallo da celebración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Cartaz conmemorativo
Cartaz conmemorativo
A sesión desenvolverase este xoves 22 de novembro, ás 12.30 horas, na Casa do Saber de Lugo

A USC celebrará este xoves, a partir das 12.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o acto institucional conmemorativo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres, unha efeméride que se celebra o 25 de novembro.

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, presidirá a celebración deste acto institucional, no marco dunha sesión na que tamén intervirán a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez; a subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez López; o deputado provincial Álvaro Santos Ramos, e a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Eva Aguayo Lorenzo.

O acto institucional comezará coa entrega de premios ás gañadoras da quinta edición do Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero, unha iniciativa promovida pola USC para sensibilizar sobre esta problemática. De seguido, a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, procederá á lectura dun manifesto consensuado polas institucións representadas na Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria (Ruigeu).

A performance ‘A violación’, a cargo do alumnado participante no taller de arte dramática do campus de Lugo da USC, impartido e dirixido por Paloma Lugilde, servirá de colofón deste acto institucional da USC co gallo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.11.2018.