Pasar al contenido principal

Marcela Lagarde impartiu na USC un obradoiro de apoderamento das mulleres na contorna universitaria

Foto de grupo das asistentes ao obradoiro con Marcela Lagarde. Foto: Servimav-USC
Foto de grupo das asistentes ao obradoiro con Marcela Lagarde. Foto: Servimav-USC

A recoñecida antropóloga Marcela Lagarde impartiu esta mañá na Facultade de Ciencias Políticas un obradoiro de apoderamento das mulleres na contorna universitaria no que falou da relación entre a academia e o feminismo e deu claves para a acción política en todos os sectores da comunidade.

Autora de numerosos estudos sobre xénero, feminismo, desenvolvemento humano e autonomía das mulleres, Lagarde acuñou o termo ‘feminicidio’ para describir a situación da violencia contra as mulleres en Cidade Juárez, que logo se estendeu por todo o mundo. Tal é a relevancia da súa figura que as inscricións para asistir á xornada se esgotaron de inmediato.

O obradoiro organizouno, en colaboración coa Oficina de Igualdade, a rede Armela, un grupo de investigación da USC que ten como finalidade analizar, dende unha perspectiva multidisciplinar, os dereitos sociais, a igualdade e ao Estado social no contexto actual de crise económica.

De esquerda a dereita, Alba Nogueira, Marcela Lagarde e Mar Lorenzo. Foto: Servimav-USC A sesión de traballo tivo lugar en Ciencias Políticas. Foto: Servimav-USC

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.11.2018.