Pasar al contenido principal

Entrega de premios e apertura da exposición do XXIV Maratón Fotográfico do Campus Terra no Vello Cárcere de Lugo

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, inaugurará este xoves, día 8 de novembro, ás 20.00 horas, no Vello Cárcere de Lugo, a mostra fotográfica representativa do XXIV Maratón Fotográfico do Campus Terra da USC, un certame artístico promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, e no que tomaron parte preto de 40 participantes.

A deputada provincial delegada da área de Cultura, Pilar García Porto; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Carmen Basadre; o coordinador do Espazo de Fotografía da USC, Eduardo Ochoa, e o fotógrafo lugués Carlos Valcárcel, que dá nome a uns premios outorgados neste certame, tamén participarán neste acto, no marco do que se procederá á entrega de agasallos aos participantes galardoados na última edición deste maratón fotográfico.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.11.2018.