Pasar al contenido principal

Juan Lema é nomeado ‘Distinguished Fellow’ da Asociación Internacional da Auga

Juan Lema é profesor emérito da USC. FOTO: Santi Alvite
Juan Lema é profesor emérito da USC. FOTO: Santi Alvite
O profesor emérito da USC convértese no primeiro español en recibir esta distinción que se outorga cada dous anos
Santiago de Compostela

No marco do World Water Congress, que se está a celebrar en Copenhague, o profesor emérito da USC, Juan Lema, foi nomeado ‘Distinguished Fellow’ da International Water Association (IWA), un recoñecemento honorífico pola “súa extraordinaria contribución nos aspectos de investigación e liderado no sector global da auga”.

A candidatura foi presentada polos profesores Zhiguo Yuan e Jurg Keller da Universidade de Queensland (Australia); Mark van Loosdrecht da TU Delft (Holanda); Willy Verstraete da Universidade de Gante (Bélxica); e Piet Lens, do University College Galway (Irlanda). Juan Lema convértese, deste xeito, no primeiro español en recibir esta distinción, que se outorga cada dous anos e no segundo, de toda a comunidade iberoamericana.

A IWA é a organización mundial máis prestixiosa e influínte no mundo da auga onde participan tanto empresas e institucións como centros de investigación. Está establecida en 140 países, cunha traxectoria de máis de 75 anos e conta con máis de 10.000 socios.

Juan Lema no intre de recibir a distinción
Juan Lema no intre de recibir a distinción
Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.09.2022.