Recepción dunha delegación estudantes sénior da Universidade de La Laguna na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo
Unha delegación tinerfeña de estudantes sénior da Universidade de La Laguna visitou este xoves a Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, onde participou nunha recepción institucional ofrecida polo adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata.
A directora do IV Ciclo Universitario da USC, Esther Olveira Olveira, e a coordinadora deste programa de formación de persoas maiores de 50 anos na sede universitaria luguesa, a profesora Teresa Rodríguez, e a responsable do programa de formación de maiores na Universidade de La Laguna, Inmaculada Díaz, tamén participaron nesta xornada de encontro entre o alumando sénior da universidade insular e da USC.
A visita desta delegación canaria ao campus de Lugo encádrase no marco da estadía que está a completar esta semana un grupo de alumnado sénior da Universidade de La Laguna nos campus composteláns da USC. Ademais da recepción institucional, a comitiva universitaria tinerfeña, integrada por preto de 40 persoas, aproveitou a súa estadía en Lugo para visitar o Museo Universitario da Domus do Mitreo e facer un percorrido pola catedral de Lugo coa guía de Carolina Casal Chico, ademais de para realizar unha visita ao centro cívico do Vello Cárcere de Lugo.
Rodríguez, Varela, Olveira e Díaz, na recepción ofrecida na Casa do Saber