Pasar al contenido principal

Publicada a edición crítica dos 'Fragmenta expositionis in Ecclesiasten' de Gregorio de Elvira (s. IV) e un comentario medieval baseado neles

A publicación da obra é froito do traballo do profesor Joel Varela Rodríguez
Santiago de Compostela

Joel Varela Rodríguez, profesor do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana e membro do Grupo de Investigación en Estudos Clásicos e Medievais, vén de publicar no último número da revista Wiener Studien – Zeitschrift für klassische Philologie, Patristik und lateinische Tradition un estudo e edición crítica dos fragmentos conservados dun comentario ao libro do Eclesiastés do obispo Gregorio de Elvira, que viviu entre a primeira metade do século IV e os primeiros anos do V.

A orientación esexética de Gregorio de Elvira diverxe neste tratado da interpretación orixeniana, que se converteu en canónica tras a redacción do Commentarius in Ecclesiasten de Xerónimo de Estridón (s. IV). Esta edición crítica substitúe así as edicións anteriores, que non coñeceron nin analizaron toda a tradición manuscrita existente. Ademais, o profesor Varela Rodríguez publicou a editio princeps dun comentario medieval (ca. s. VII) baseado non só nos fragmentos conservados do tratado de Gregorio, senón tamén, moi posiblemente, en partes non directamente conservadas do mesmo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.09.2022.