O Campus Terra e Lug Open Factory celebran o II Terra Creative Jam o 28 e o 29 de setembro na Facultade de ADE
O Campus Terra da USC e a incubadora Lug Open Factory organizan os días 28 e 29 de setembro na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo a segunda edición de Terra Creative Jam, un evento creativo e de xeración de ideas innovadoras orientada a reinventar o medio rural, para o que xa está aberta a inscrición.
O II Terra Creative Jam, promovido polo Campus Terra a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE), en colaboración coa a incubadora Lug Open Factory no marco de colaboración do proxecto AYCH Interreg Atlantic Area, permitirá a estudantes e titulados da sede universitaria luguesa participar en diversos talleres nos que deberán resolver desafíos sociais, ambientais e tecnolóxicos, ao tempo que achegarán solucións para “reinventar o rural”.
O programa do Terra Creative Jam permitirá abordar varias temáticas, tales como a economía verde, produción eficiente e sostible; educación inclusiva e de igualdade; emprendemento dixital e uso das TIC´S no rural; industrias creativas e sector audiovisual; alimentación e vida saudable e a busca do benestar animal e mellora dos ecosistemas. As ideas, produtos e servizos que se desenvolvan deberán estar ligados ás temáticas propostas.
Os participantes, xa de xeito individual xa en equipo, poderán gozar dunha primeira xornada de ideación, con xogos de creación de ideas e proxectos sostibles, formación con workshops específicos, prototipaxe con maquinas 3D, gamificación, drons, realidade virtual e podcast e actividades deportivas con caiac no río e escalada no rocódromo. A segunda xornada consistirá nun Hackaton onde por equipos traballarán no seu prototipo para crear a súa solución e expoñela o xurado.
O tres mellores prototipos de proxecto terán unha praza para todo equipo na Residencia formativa LOF TALENT e no Programa de emprendemento EXPLORER USC. Ademais cada un dos membros do equipo gañador, recibirá varios premios como cámaras tipo GoPro, impresoras 3D-mini e tablets, entre outros.
A asistencia a esta actividade é totalmente gratuíta. O prazo de inscrición permanece aberto en liña ata as 23.59 horas do 27 de setembro. As prazas son limitadas e a organización facilitará aos asistentes aloxamento e mantenza durante os dous días que dura a Terra Creative Jam.