Pasar al contenido principal

A Cátedra do Pan e o Campus Terra da USC, protagonistas en foros agrarios e de seguridade alimentaria en México

Ángeles Romero
Ángeles Romero
A catedrática Ángeles Romero imparte do 3 ao 6 de outubro relatorios e talleres sobre elaboración de pan e análises sensorial de alimentos en tres universidades mexicanas
Lugo

O Campus Terra e a Cátedra do Pan da USC serán protagonistas en varios simposios sobre agricultura e calidade dos alimentos que se desenvolverán do 3 ao 6 de outubro en tres universidades mexicanas, na que a catedrática da Área de Tecnoloxía dos Alimentos Ángeles Romero Rodríguez impartirá diversos relatorios sobre análise sensorial e calidade alimentaria, ademais de conducir un obradoiro de elaboración de pan galego.

A seguridade alimentaria constituirá o fío condutor de todas as intervencións programadas pola profesora Ángeles Romero no doutoramento internacional en Ciencias Agrícolas e Medioambientais, un programa de posgrao coordinado desde a USC polo catedrático da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra Agustín Merino García.

A directora da Cátedra do Pan da USC ofrecerá este luns no Colexio de Posgraduados da Universidade de Campeche a súa quenda de relatorios cunha charla baixo o título ‘Importancia da análise sensorial na determinación da calidade dos alimentos”. Dous días despois, Ángeles Romero acudirá á Universidade Autónoma de Chapingo para tomar parte no II Simposio Internacional ‘La Agricultura para el Buen Vivir’, un evento científico que se encadra na IV Feria Regional de la Alimentación e no que ofrecerá a conferencia ‘Alimentación saudable como base da seguridade alimentaria’. En quenda de mañá, este mesmo escenario universitario de Veracruz acollerá un obradoiro de elaboración de pan impartido por Ángeles Romero, que salientará a importancia da recuperación dos cereais autóctonos a fin de avanzar así nas prácticas de alimentación saudable.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.09.2022.