Pasar al contenido principal

A divulgación científica na era dixital centrou as xornadas da Asociación de Profesionais Audiovisuais Universitarios

De esquerda a dereita, Carlos Toural, Olga Fontán, Antonio López, Miquel Frances e Ana Isabel Rodríguez. FOTO: Santi Alvite
De esquerda a dereita, Carlos Toural, Olga Fontán, Antonio López, Miquel Frances e Ana Isabel Rodríguez. FOTO: Santi Alvite
Ciencias da Comunicación e o Colexio de Fonseca acolleron sesións de reflexión e debate nas que participaron unha vintena de universidades do conxunto do Estado
Santiago de Compostela

As xornadas de traballo e formación da Asociación de Profesionais Audiovisuais Universitarios (APAU) botaron o peche este mércores 5, nun acto de clausura, presidido polo reitor Antonio López no Colexio de Fonseca, e que supuxo o punto e final a dous días de reflexión e debate no que participaron unha vintena de universidades do conxunto do Estado. Ademais do reitor, interviñeron a decana da Facultade de Ciencias da Comunicación, Ana Isabel Rodríguez; o director do Gabinete do Reitor, Carlos Toural; a directora do Servizo de Medios Audiovisuais da USC (SERVIMAV), Olga Fontán; e Miquel Frances, director do Taller de Audiovisuais da Universidade de Valencia.

Medio cento de participantes déronse cita nestas xornadas que estiveron acompañadas de actividades formativas dirixidas aos profesionais de contidos e formatos audiovisuais na divulgación científica e cultural. De feito, desenvolveuse un taller sobre dereitos de autor e imaxe no marco da era dixital e afondouse no xornalismo móbil que ofrece un novo enfoque no ámbito de contidos de actualidade. 

No marco das xornadas acordouse, entre outros aspectos, continuar coa produción da  sexta tempada do espazo de divulgación ‘Universo sostible’, así como coa serie de microespazos divulgativos ‘A Universidade responde’ adaptándoa aos formatos propios do fluxo da multidifusión dixital e as redes sociais. Os dous espazos emítense en ‘La aventura del saber’ na 2 de Televisión Española.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.10.2022.