Pasar al contenido principal

Artistas e persoal científico conversan este mércores en Santiago sobre a dicotomía ciencia-arte

Artistas e persoal científico conversan este mércores en Santiago sobre a dicotomía ciencia-arte
Artistas e persoal científico conversan este mércores en Santiago sobre a dicotomía ciencia-arte

A artista plástica Irene Dubrovsky, que acaba de inaugurar a súa exposición ‘Cosmoloxías’ no Colexio de Fonseca da USC, participa este mércores 6 nun coloquio con distintas personalidades do mundo da arte e a ciencia para conversar precisamente sobre a dicotonomía arte-ciencia e aproximar ao público a segunda mostrando as súas conexións coas manifestacións artísticas de todo tipo.

Nese coloquio, que terá lugar ás 19.30 horas no Centro ABANCA Obra Social (Praza de Cervantes), participarán ademais o escritor Agustín Fernández Mallo, o físico e pintor David Crooks, a decana da Facultade de Matemáticas Elena Vázquez Cendón, o físico José Edelstein, a cantante Uxía, e a moderadora do encontro, a xornalista Ainhoa Apestegui.

A mostra ‘Cosmoloxías’ e o coloquio deste mércores son as primeiras actividades de ArtLAB, unha nova iniciativa interdisciplinar do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) cuxo obxectivo é unir arte e ciencia, indagar nas súas interseccións e tender pontes entre ambas as dúas, achegando a ciencia á sociedade desde un punto de vista diferente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.03.2019.