A próxima xornada de Regueifas de ciencia debate a legalización da eutanasia
Celebrarase na Facultade de Ciencias da Comunicación o día 29 de novembro
Debe ser legalizada a eutanasia? A pregunta define o próximo debate que abordará o ciclo de Regueifas de ciencia, debate que se celebrará o día 29 de novembro a partir das 20.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación.
Nesta ocasión, no debate defenderán a eutanasia a catedrática emérita de Filosofía Moral e Política da Universidade de Barcelona, Margarita Boladeras Cucurella, e Isabel Blanco Domínguez, directiva Derecho a Morir Dignamente. En contra intervirán Francisco Javier Barón Duarte, da Unidade de Hospitalización do Servizo de Oncoloxía Medica do Hospital Universitario da Coruña, e Jacinto Bátiz Cantera, doutor en Medicina e Cirurxía e médico de familia.