A segunda Reunión de Xerentes da Alianza de centros e unidades de excelencia Severo Ochoa e María de Maeztu celebrarase o venres no CEA
A segunda Reunión de xerentes da Alianza de centros e unidades de excelencia Severo Ochoa e María de Maeztu (SOMMa) celebrarase o vindeiro venres 23 no Centro de Estudos Avanzados organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). A xuntanza permitirá tratar a situación actual deste centros e unidades de excelencia en relación a temas de gran importancia para o seu funcionamento como son o calendario de convocatoria ou os procesos de contratación pública e de persoal.
SOMMa é unha agrupación constituída en outubro de 2017 co apoio da Secretaria de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación que pretende impulsar a visibilidade nacional e internacional da investigación española como un ecosistema de excelencia interdisciplinar e interconectado. Actualmente existen en España 25 destes centros ou unidades, cubrindo todas as áreas de investigación, emprazados en Cataliña, Madrid, País Vasco, Comunidade Valenciana, Andalucía, Canarias e Galicia. A súa misión é promover, reforzar e maximizar a nivel internacional tanto o valor da ciencia de excelencia producida neste centros, como o seu impacto económico e social.