Pasar al contenido principal

Profesorado da USC, á fronte de dúas das revistas máis relevantes no eido da psicoloxía das organizacións e da aplicada ao contexto legal

Trátase dos profesores Jesús Salgado e Ramón Arce
Santiago de Compostela

Dúas revistas editadas polos profesores da USC Jesús Salgado e Ramón Arce obteñen unha posición sobranceira nos índices de impacto das revistas científicas máis importantes a nivel mundial. Trátase de Journal of Work and Organizational Psychology e European Journal of Pscychology Applied to Legal Context.

A última delas, dirixida polo profesor Arce e número 1 do mundo na categoría ‘law’ segundo Journal Citation Reports, está orientada cara a investigadores, académicos e profesionais da Psicoloxía, Dereito, Traballo Social, Ciencias Forenses, Educadores e ao eido das Ciencias Sociais en xeral.

Pola súa parte, o profesor Salgado dirixe Journal of Work and Organizational Psychology, centrada en investigacións empíricas de interese para os psicólogos, que constitúan unha contribución ao coñecemento e correspondente a todos os ámbitos do que se denomina Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Recursos Humanos, Comportamento Organizacional, Psicoloxía do Persoal, así como os aspectos condutuais, cognitivos e neurocientíficos das relacións laborais, ergonomía e factores humanos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.10.2022.