A Facultade de ADE mellora a inserción laboral dos titulados da man do Colexio de Economistas de Lugo
A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo da USC avanza na mellora da incorporación laboral do alumnado egresado do centro a través dun convenio co Ilustre Colexio e Economistas de Lugo (ICEL). O decano do órgano colexiado, Salustiano Velo, e o tesoureiro de dita entidade, Carlos Figueroa, presentaron estes martes ao alumnado as vantaxes e axudas que ofrece o ICEL aos futuros titulados no grao en Administración e Dirección de Empresas no marco dunha sesión informativa na que tamén tomou parte do decano do centro universitario lugués, Roberto Bande Ramudo.
A posibilidade de gozar dun ano de colexiación gratuíta no ICEL e a presentación das distintas oportunidades laborais ás que poden acceder os futuros titulados nos ámbitos da economía e da empresa foron o outras dos temas apuntados por Velo Sabín no seu encontro co alumnado, ao que tamén informou sobre a posibilidade de desenvolver prácticas curriculares ou extracurriculares en despachos de empresas asociadas ao Ilustre Colexio Oficial de Economistas de Lugo.
O decano da Facultade de ADE do Campus de Lugo da USC, Roberto Bande Ramudo, salientou na súa intervención que o obxectivo último do convenio que mantén a institución universitaria co ICEL non é outro que o de mellorar a inserción laboral dos egresados na tecido produtivo e empresarial da provincia de Lugo e, en todo caso, ampliar as saídas profesionais do alumnado titulado.
A intensificación da relación entre ambas institucións materializada a través deste novo acordo co Ilustre Colexio Oficial de Economistas de Lugo promovido desde a Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC contempla asemade a realización de diversas actividades de carácter formativo, pero tamén de asesoramento.
Bande Ramudo adiantou neste senso que a Facultade de ADE co Campus de Lugo traballará xunto co ICEL na organización de sesións formativas e de divulgación orientadas a estudantes, titulados e profesionais dos ámbitos da economía e da empresa. Asemade, precisou que o Ilustre Colexio de Economistas de Lugo contará cun espazo propio nas propias instalacións do centro universitaria para poder prestar unha atención máis personalizada a todo o alumnado interesado.