Pasar al contenido principal

Presentación do volume trilingüe Termos esenciais de dereito do traballo e da seguridade social

O servizo de Normalización Lingüística da USC leva moitos anos traballando na elaboración de diversos vocabularios básicos bilingües e trilingües de numerosas disciplinas científicas. Este xoves 18 presentará Termos esenciais de dereito do traballo e da seguridade social, co que se pecha a serie de glosarios no ámbito do dereito que incluíu traballos de constitucional, penal, internacional, civil, administrativo e mercantil.

A presentación, que terá lugar ás 11.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito, contará coa presenza do vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC, Gumersindo Feijoo; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; o decano da Facultade de Dereito, Gumersindo Guinarte; e os autores, a profesora da facultade de Dereito Alicia Villalba e Xusto Rodríguez Río, do Servizo de Normalización Lingüística.

O libro é un glosario trilingüe (galego-español-inglés) que recolle máis de 1.000 conceptos do ámbito do dereito do traballo e da seguridade social.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.10.2018.