Pasar al contenido principal

Un obradoiro práctico abordará a elaboración de fanzines

O obradoiro desenvólvese na Facultade de Filoloxía da USC.
O obradoiro desenvólvese na Facultade de Filoloxía da USC.
Organizado polas comisións de Normalización Lingüística de Filoloxía e Ciencias da Comunicación, o obradoiro ‘ma_GA_zine’ está aberto con carácter gratuíto ao conxunto da comunidade universitaria

As comisións de Normalización Lingüística das facultades de Filoloxía e de Ciencias da Comunicación promoven ma_GA_zine, un obradoiro de fanzines de carácter gratuíto dirixido a toda a comunidade universitaria. A inscrición realizarase a través do correo electrónico perprest [at] usc.gal (perprest[at]usc[dot]gal) ata o 18 de outubro.

O taller realizarase ao longo de tres sesións presenciais na Facultade de Filoloxía que comezarán o vindeiro 19 de outubro. De 16.00 a 18.00 horas esta primeira xornada levará por título ‘O fanzine como artefacto cultural’. A seguinte xornada, o 26 de outubro de 16.00 a 19.00 horas, traballarase sobre cuestións prácticas co asesoramento da ilustradora Maru Astray e da experta en autoedición Lourdes Rodríguez Gendra. Para completar o traballo práctico e a elaboración dun fanzine haberá unha nova sesión o 9 de novembro, tamén de 16.00 a 19.00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.10.2022.