Pasar al contenido principal

O LaboraTe da USC celebra este xoves unha xornada técnica sobre mobilidade das terras en Galicia no edificio Cactus de Lugo

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada

O Laboratorio do Territorio (LaboraTE) da USC e a Oficina Agraria Comarcal de Lugo dependente da Consellería de Medio Rural organizan este xoves, a partir das 10.00 horas, no edificio Cactus do campus de Lugo, unha xornada técnica sobre mobilidade das terras en Galicia.

Unha reflexión colectiva sobre as necesidades de terra como base territorial abrirá o programa desta xornada de transferencia, no marco da que o técnico de apoio á investigación do LaboraTe Francisco José Ónega López falará sobre o banco de terras, mentres que María López Folgueira afondará sobre cuestión relativas á reestruturación parcelaria e ás permutas.

A presentación e posta en común de diversos proxectos pilotos relacionados coa mobilización das terras, tal e como o son as iniciativas Mobilízate, o proxecto Marcos ou mesmo a ferramenta informática para a agrupación de parcelas deseñada por Jorge Parapar completará o programa matinal dunha xornada que continuará en quenda de tarde co obradoiro Agrupa, no que os participantes poderán explorar as potencialidades das ferramentas informáticas de agrupación de parcelas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.10.2018.